Despois da morte de Xavier, Helena, a súa muller, precisa axuda económica. Castor, presionado pola situación acepta ás costas de César unha descarga nocturna. César decátase da manobra do seu socio e, cando vai ver a carga, atópase cunha morea de inmigrantes ilegais. César, enfadado con Castor, o avisa das consecuencias pero tamén opta por aproveitarse da situación e pide máis cartos ao armador. Sen embargo, cando a furgoneta chega ao propietario, está baleira. César e Castor deixaron fuxir aos inmigrantes. Chantaxean ao armador cunha gravación. Non o queren ver máis diante. Porén, un dos nenos inmigrantes logrou fuxir e alertou á comisaría. Cando Manuela detén a César e a Castor, Estela non se pode crer que o seu pai ande agora relacionándose cos Longueira. E Castor, que fixo todo isto por Helena, ve agora como a muller non acepta os cartos. Está en shock ante a noticia que vincula a Antón coa morte do seu home. E por iso vai ata un dos armarios da súa casa e colle unha pistola co obx