A situación no porto é insostible. Xavier é un deses estibadores desesperados. A súa muller Helena dille que necesitan cartos. Teñen un fillo pequeno e a Xavier non lle queda outra que ser un crebafolgas. Ao pouco de volver ao traballo, aparece aforcado nunha das grúas, asasinado. Manuela está cabreada porque César e os seus homes baixaron o corpo de Xavier alterando a escena do crime. Os estibadores son os principais sospeitosos. Para defenderse, César dille a Antón que investigue quen foi o culpable da morte. Pero, precisamente, é o ADN de Antón o que aparece no corpo de Xavier. Antón ten coartada pero Cruz, nunha noite de excesos, dá o nome do rapaz á prensa e sinálao como principal sospeitoso da morte do estibador. No concello tamén están a sufrir as consecuencias do asasinato. A presión de Marcos sobre os estibadores sinálano como parte culpable e Ardora vólvese na súa contra. Para calmar os ánimos, Estevo, o tenente de alcalde, propón unha entrevista. Pero Marcos quéntase e muda