Co caso de Xavier en punto morto, a Comisaría céntrase na investigación do atentado no que, sorprendentemente, non houbo que lamentar vítimas mortais. As pistas levan á Policía Nacional de Ardora ata Caniche, aínda Cruz non acaba de estar convencida e sospeita de que se trate dunha montaxe. Unha mágoa que estea fora do caso, xa que Manuela destínaa a protexer a Marcos. Sabe que a súa irmá pequena está pasada de voltas e non quere que se meta en máis leas. Mentres tanto, Lionel non se toma nada ben a negativa de Marcos ao seu proxecto a acepta o ofrecemento de Rosalía para aproveitar as diferenzas que existen entre os bandos de César e Cástor para chegar a un acordo para desbloquear a folga. Pola súa banda, Sofía atopa probas de que Manuela eliminou documentos que implican á súa nai. As probas por si soas non son de abondo para procesala. É preciso a testemuña de Kubala e Sofía sabe aproveitarse da desconfianza que existe entre os dous. O inspector a piques está de delatar súa xefa. A c