Sofía non se dá por vencida e atopa en Cruz o novo punto feble de Manuela. Ten probas da vida de excesos que leva a pequena das Fortes; de abondo como para inhabilitala. Todo depende de Manuela. Ou ela, ou Cruz. E Manuela, en parte grazas á honestidade de Kubala, que a anima a facelo correcto, acaba decidindo presentar a súa dimisión. No porto, Castor quere garantías de que Lionel vai cumprir o acordo: postos de traballo para os seus compañeiros, pero so obtén promesas co que dubida de ter tomado a decisión correcta. César tampouco queda de brazos cruzados. Sospeita que Lionel é moito máis que un empresario e decide investigalo coa axuda de Amalia, unha xornalista que descubrirá que Lionel non é trigo limpo. Mentres tanto, en comisaría retoman a investigación da morte de Xavier que os leva ata a arma coa que Helena intentou matar a Antón. As preguntas son claras. En que estaba metido Antón? A que lle tiña medo Xavier? Pero o que ninguén imaxina é que Miguel, o crego, ten moito que cont