Nova cita co humor a esgalla na Televisión de Galicia cunha nova entrega do programa “A Casa da Conexa”. Hoxe haberá moita acción en Ardebullo da man duns rapaces especialistas de cine, Galaico Stunt. Por outro lado, Mucha convértese en deportista e está a adestrarse para as olimpíadas comarcais. O que descubrirán os espectadores será se as ansias de Mucha por facer deporte son polo exercicio e a competición ou polas condicións físicas do adestrador.
Continuando coa oferta deportiva de Ardebullo, a sobriña de Mucha e Nucha (Tamara Canosa) proponlles que na vila debería haber un equipo de voleibol de praia, moi de moda en Barcelona e un deporte moi bo para poñerse en forma. Só teñen que convencer a Susi (Marta Lado), a da taberna, para que sexa a súa patrocinadora, non sen antes ver como xoga o novo equipo de voleibol de Ardebullo.
Por outro lado, Moncho disposto a obedecer e axudar a Xosé Ramón para facer unha fideuá á mariñeira será a receita que poderán ver esta noite os espectador