Os gaiteiros Susana Seivane, Lorena Freijeiro e Cristian Silva levarán hoxe a súa música e todo o seu bo humor ao programa da Televisión de Galicia “A Casa da Conexa”. Ademais, estes tres artistas galegos beberán da súa propia menciña, xa que terán que enfrontarse a unha proba musical que será avaliada polo xurado de Ardebullo, composto por Mucha e Nucha.  Se a música e o humor cen por cento galego será protagonista esta noite nunha nova entrega de “A Casa da Conexa”, tamén o será a literatura galega. O libro “Follas Novas”, da gran autora galega Rosalía de Castro, espertará o lado máis sensible e paixonal dalgún dos veciños de Ardebullo, como será o caso de Toño “O Alemán”, que descubrirá o amor e a atracción que sente pola maestra da vila, Claudia (Lucía Regueiro). Por outro lado, a clase de idiomas que impartirán hoxe as fillas da Conexa será de portugués. Aínda que é unha lingua veciña e irmá do galego, Nucha intentará explicarlles aos espectadores, e sobre todo á súa irmá Mucha, a