Ardebullo prepararase esta noite para vivir a fin do mundo e TeleArdebullo busca home do tempo. Todo isto e máis nunha nova edición do programa “A Casa da Conexa”, con Mucha e Nucha en acción. Hoxe en Ardebullo a noticia de que se vai acabar o mundo poñerá nerviosos os veciños da vila. Máis que os veciños, as que se preparan son Nucha, Mucha e Claudia (Lucía Regueiro). Despois de escoitaren a información na radio, deciden que queren cumprir os seus últimos desexos, para o que non dubidan en visitar o padre Gaspar (David Amor).  Por outro lado, TeleArdebullo necesita un home do tempo e convocan na vila un casting, ao que se presentan dous veciños moi especiais e o gran meteorólogo Santiago Pemán.  Ademais, coma en cada edición, os espectadores da TVG verán novas entregas de “Culturízate con Mucha e Nucha”, que nesta ocasión abordará a arte do graffiti; en “Bricorreciclaxe”, Cholo e Barbeito daranlles aos espectadores os pasos necesarios para facer o seu propio prato de polbo; na “Clase