Co cambio de século asistimos a unha auténtica revolución que acaba transformada nunha especie de “carreira armamentística”, coa chegada dos escenarios móbiles, ou as grandes dianteiras con orquestras de ata seis cantantes. Estes avances conseguen que a xuventude volva ás festas, coa aparición dun novo “fenómeno fan” que ten o seu inicio nos espectáculos de “La OcaBand” e acada a súa máxima expresión na rivalidade entre “París de Noia” e “Panorama”. Aínda que tamén xurdirán as críticas a este tipo de orquestra/espectáculo desde un público que defende a música de baile. Nestes anos, os palcos énchense de caras novas, destacando a “importación” de músicos de Sudamérica, o descubrimento das orquestras canarias como “Armonía Show”, e sobre todo, a cheg ada ás verbenas de voces procedentes de concursos de televisión, algo que poderíamos denominar “efecto Bisbal”. Todo isto, sumado á aparición das redes sociais, e ás gravacións dos primeiros DVDs, concédelle unha entidade ás nosas orquestra