Temos novo cambio de década na nosa viaxe, pero tamén cambiamos de ubicación, e temos a honra de continuar coa nosa narración desde a fantástica terra de Boiro. Estamos xa nos anos 90, e neste fin de século asistiremos tamén a unha serie de eventos moi trascendentais. O primeiro deles, o nacemento da nosa orquestra de cabeceira, “LA OCABAND”, que veremos como inicia o seu camiño pola verbena aportando un toque moi característico. Do mesmo xeito, podemos falar da consolidación das orquestras-espectáculo, nas que destaca a cada vez maior presenza de corpos de baile, e onde merecen unha mención especial as aparicións de ANGEL ISRAEL ou a SOLARA do gran CHAPELO. Nesta época, marcada polo interese das formacións en facer bailar ó público, non podemos deixar de comentar a aparición das primeiras orquestras íntegramente femininas, como a pioneira D´TACÓN. E ademáis, nestes anos 90 aparece un programa nesta casa, a Televisión de Galicia, que aposta polas orquestras galegas e vai ser un b