A Cidade da Cultura é a nosa segunda etapa neste camiño particular que estamos a facer esta semana para conmemorar os 50 anos de TVE en Galicia // A Cidade da Cultura tamén está de aniversario, porque cumpre 10 anos. É agora, coa pandemia, cando se está facendo máis coñecida, porque se converteu no maior centro de vacinación de Galicia // O Consello de Administración de RTVE trasladouse a Santiago para facer aquí a súa reunión mensual // Ás celebracións dos 50 anos de TVE en Galicia súmase RNE, con emisións especiais, desde este mércores ao venres, desde Santiago 20-07-2021