Close

Telexornal-Galicia

Toda la información regional en los informativos territoriales de la Comunidad Autónoma de Galicia.

País: España
Idioma: Español
Contenido: Informativos
Tema: Actualidad
URL: http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/

Episodios disponibles para ver online

16/04/19
Os que coñecen ben a catedral de Santiago consideran pouco probable un incendio como o de París // A Garda Civil e a Policía Autonómica están intentando identificar aos autores das pintadas na igrexa de Maside, en Ourense // 6.000 persoas solicitaron visitar as illas Atlánticas durante esta Semana Santa,  pero ainda quedan prazas disponibles (16/04/19)
15/04/19
A Garda Civil presentou hoxe o dispositivo para reforzar a seguridade no Camiño de Santiago // A Xunta e os municipios únense na loita contra os incendios forestais // Descobren que tres pergameos do século XIII do Arquivo Histórico Provincial de Ourense pertencían a un códice de Bernardo de Brihuega, un colaborador do rei Afonso X (15/04/19)
12/04/19
Tráfico despregará 600 axentes en Galicia para vixiar un millón e medio de desprazamentos esta semana santa // Destinos como a Ribeira Sacra agardan un cen por cento de ocupación para os días festivos // Unha exposición inugurada hoxe na Cidade da Cultura reivindica a autenticidade do feito á man, nun tempo marcado pola producción industrial e a tecnolóxica. 12/04/19 
11/04/19
Visto para sentenza o xuízo contra José Enrique Abuín, o Chicle, polo intento de rapto dunha moza en Boiro // Esta medianoite arranca oficialmente a campaña para as eleccións xerais coa tradicional pegada de carteis // A Xunta amplía o seu convenio cos concellos para limpar as franxas de seguridade das zonas rurais. 11/04/19
10/04/19
José Enrique Abuín nega no xuízo o intento de rapto dunha moza de Boiro que propiciou a súa detención e esclarecemento do asasinato de Diana Quer // Novos carteis avisan do risco que supón achegarse aos cantís e covas da praia das Catedrais, en Ribadeo, onde hai un ano morría unha turista // O presidente da Xunta dixo hoxe que as propostas de VOX son unha ameaza para a autonomía de Galicia, e comparouna cos grupos separatistas. 10/04/19
09/04/19
A oposición forzará a celebración dun pleno no Parlamento galego para votar o cese da Valedora do Pobo // Case dous millóns setecentos mil galegos e galegas poderán votar nas eleccións xerais do próximo 28 de abril // Sete anos despois, continúa a busca do dono dun boleto da Primitiva premiado con case 5 millóns de euros que quedou esquecido nunha administración coruñesa. 09/04/19
08/04/19
Arranca o xuízo, con xurado popular, contra o vigués acusado de asasinar a un mozo na praia de Chapela, en Redondela, na noite de San Xoán de 2017 // Ramona Maneiro, a muller que hai 21 anos axudaba a morrer a Ramón Sampedro, pide públicamente a despenalización da eutanasia // José Luis Martí é o novo adestrador do Deportivo, trala destitución de Natxo González. 08/04/19
05/04/19
Máis de cinco mil discapacitados intelectuais galegos poderán votar nas eleccións xerais do 28 de abril // A Valedora do Pobo ofreceu hoxe as primeiras declaracións logo de que onte puxera o seu cargo a disposicion do Parlamento // A Ribeira Sacra será candidata de España para ser declarada Patrimonio Mundial da UNESCO no verán de 2021. 05/04/19
04/04/19
Dimite a Valedora do Pobo, Milagros Otero // Indignación entre as redeiras galegas despois de que a seguridade social descarte recoñecerlles coeficientes reductores, que supoñen un adianto na xubilación // A Ribeira Sacra saberá mañá se opta a ser Patrimonio Mundial da Humanidade. 04/04/19 
03/04/19
Canarias e Galicia fan unha fronte común para poder destinar o seu superávit a mellorar servizos como a sanidade // A garda civil desarticula un grupo criminal ao que atribúe un cento de roubos en vivendas nas provincias de Lugo e Pontevedra // Galicia cuadriplicou nos últimos anos a produción de algas, unha alternativa á pesca convencional. 03/04/19
02/04/19
O paro descende en 2.868 persoas en Galicia no mes de marzo // Suspéndese, por segunda vez, o xuízo contra Ángel Martínez, Lito, coñecido coma o rei das orquestras // Unha de cada cen persoas sofre algún trastorno do espectro autista, e a incidencia vai en aumento no mundo occidental. 02/04/19
01/04/19
Audiencia previa no xulgado de Ribeira para preparar o xuízo do crime de Diana Quer // Comezou en Santiago o xuízo por malversación de fondos da Fundación Cela // Leo naceu en Vigo esta medianoite, ás doce e cuarto. O seu pai será un dos primeiros galegos en gozar de oito semanas de permiso de paternidade. 01/04/19
29/03/19
O goberno deu hoxe luz verde á construcción das cinco fragatas F-110 en Navantia Ferrol, por 4.317 millóns de euros // Os traballadores de Ence levan as súas protestas ante a Deputación de Pontevedra // Volve arder a comarca do Barbanza. Os equipos de extinción logran frear o avance dun incendio que calcinou 80 hectáreas en Boiro. 29/03/19
28/03/19
Investigan a morte dun home que apareceu calcinado a carón dun coche nun incendio no concello coruñés de Toques // Varios identificados e un detido por enfrontamentos coa policía na manifestación dos traballadores de Alcoa ante o Congreso // O Consello Xeral do Poder Xudicial suspende sete meses á xuíza de Lugo Pilar de Lara, por dilatar investigación. 28/03/19
27/03/19
Os concellos coruñeses de Rianxo e Dodro van recuperando a normalidade, tras remitir o lume que puxo en risco a ducias de veciños // O presidente da Xunta califica estes lumes de intencionados, e destaca no Parlamento os medios adicados á extinción // Os traballadores de ENCE vanse personar nos tribunais, logo de que o Goberno decidise non defender a prórroga da concesión no proceso xudicial aberto. 27/03/19
26/03/19
O incendio que se extende polos concellos de Dodro e Rianxo, avivado polo vento, leva queimadas unas 750 hectáreas // O home acusado de matar cunha rozadoira ao seu veciño na Cañiza declara no xuizo que o facelido e a súa filla querían atacalo // Adolfo Domínguez rememora as súas orixes. Saca ao mercado unha colección de alta costura inspirada nos deseños dos anos 80. 26/03/19
25/03/19
Medio rural prohibe as queimas agrícolas e forestais, ademais de suspender os permisos xa concedidos, ante o risco de propagación de incendios // Comeza en Pontevedra o xuízo polo coñecido coma crime da desbrozadora // "Sonoro Empeño" une música e pintura nunha exposición con obras de Kandinsky ou Picasso. 25/03/19
22/03/19
Alcaldes de dez concellos da Mariña fan unha fronte común para defender o futuro da fábrica de Alcoa en San Cibrao // O desabastecemento de medicinas multiplicouse por dous nos últimos 3 anos, segundo a axencia española de medicamentos // A Xunta destina 1,5 millóns de euros para fomentar a igualdade no deporte base, a través da formación e campañas de sensibilización. 22/03/19
21/03/19
Tráfico inicia unha campaña de reparto de chalecos reflectantes para reducir os atropelos nas estradas galegas // As plantas da Coruña e Avilés non poderán presentarse ás subastas de interrumpibilidade para baixar a factura eléctrica // Hoxe na praza de abastos de Santiago xuntan a poesía galega, na que non faltan as referencias gastronómicas, coa venda dos produtos da nosa cociña. 21/03/19
20/03/19
O rei Felipe Sexto preside en Boqueixón, na Coruña, o acto central do Día Internacional dos bosques // Comeza en Lugo o xuízo ao cura acusado de apropiarse de patrimonio de varias parroquias da Mariña // Os tres escritores galardoados cos premios Literarios San Clemente destacan que son moi especiais porque o xurado está integrado por alumnado de instituto. 20/03/19
19/03/19
A multinacional Alcoa alerta sobre a viabilidade da factoría de San Cibrao, en Lugo // Os representantes dos traballadores e das empresas de ambulancias chegaron esta madrugada a un preacordo sobre o convenio colectivo ata 2022 // 19 de marzo, San Xosé. Festivo en Galicia e unha data que se celebra especialmente en Ferrol, na Noite das Pepitas. 19/03/19
18/03/19
Un grupo de 25 sendeiristas de Vigo foi rescatado de madrugada nunha ruta de montaña en Cantabria con neve e a oito graos baixo cero // O PSdeG defende as listas electorais aprobadas no congreso federal do PSOE e resta importancia ás críticas de algúns líderes do partido en Galicia // O Museo Provincial de Pontevedra exhibe un cadro do Greco, cedido polo Museo do Prado. 18/03/19
Galicia en 2' - 18/03/19
Un grupo de 25 sendeiristas de Vigo foi rescatado de madrugada nunha ruta de montaña en Cantabria con neve e a oito graos baixo cero // O PSdeG defende as listas electorais aprobadas no congreso federal do PSOE e resta importancia ás críticas de algúns líderes do partido en Galicia // Máis dun cento de barcos da Coruña renuncian á pesqueiría da xarda // As vitorias dos rivais complican ainda máis a situación do Celta despois de perder ante o Real Madrid // O breogán destitúe a Natxo Lezcano trala dura derrota sofrida esta fin de semana ante o Delteco, que sitúa aos de Lugo en postos de descenso // O Museo Provincial de Pontevedra exhibe un cadro do Greco, cedido polo Museo do Prado. 18/03/19
28/05/13
Os emprendedores galegos van poder beneficiarse da baixada de catro impostos este ano contando dende o 1 de xaneiro. A reducción será dun 20% do IRPF para os que invirtan en acción. O de sucesións e doazón baixará un 95% e o de patrimonio nun 75% para os que poñan en marcha novos negocios // As reclamacións dos afectados polas participacións preferentes chegaron hoxe, de novo, ata ao Pleno do Parlamento. Máis dun cento manifestáronse ás portas da cámara lexislativa á espera do resultado da votación dunha iniciativa lexislativa presentada polo Bng e que reclama que se retiren as quitas. 28/05/13
20/03/13
Representantes da cervexeira Damm piden a convocatoria dunha reunión extraordinaria do Consello de Administraciòn de Pescanova // Na Audiencia Nacional producironse hoxe as primeiras declaracions no caso dos papeis de Bárcenas. Compareceu ante o xuiz Ruz o exdiputado vigués do PP, Carlos Mantilla. 20/03/13

Otros informativos >


Otros programas de RTVE >