Dispárase a demanda dos campamentos de verán para escolares, que volven con actividades que van dende o deporte, a aventura, a ciencia ou a música. A Xunta aumenta a oferta ata case 11.000 prazas. // En Lugo arranca o Arde Lucus coa tradicional recreación da entrada das tropas na cidade. // A Xunta aproba un plan para a conservación das illas Atlánticas, mediante un un proxecto para devolver os hábitats das Cies, Ons, e Sálvora ao estado natural de hai 70 anos. // O BNG anuncia que a levará ao Parlamento unha iniciativa para declarar o baile e a música tradicional galega como Ben de Interese Cultural. // O Son do Camiño ultima a súa terceira edición, que se celebrará dentro dunha semana, con máis de corenta artistas nacionais e internacionais e 120 mil persoas durante tres días de concertos. 09-06-22