O lider actual, Pablo Casado e o anterior, Mariano Rajoy, abren en Santiago a convención nacional do PP. Ambos coinciden en pronosticar que o PP resolverá no goberno a crise económica que, din, deixan os socialistas. // Os traballadores de Alcoa retoman hoxe as protestas ante as intalacións de San Cibrao. Queren intensifican a presión, logo de que a empresa reiterase a sua disposición a vender á SEPI. // Os locais de lecer nocturno poderían abrir a partir do próximo venres, ata as catro da madrugada, e os clientes terán que amosar o Certificado Covid para entrar. É a proposta da Xunta para o novo protocolo que debate esta tarde cos empresarios do sector. // Sacar máis proveito das actividades náuticas e do litoral e fomentar as peregrinacións en familia polos Camiños de Santiago. Son apostas do sector turístico galego para beneficiarse dos fondos europeos de recuperación, dos que aspira recibir uns 28 millóns de euros. 27-09-2021