Os menores de 60 anos que recibiron a primeira dose de AstraZeneca optan masivamente por repetir con esa marca para a segunda. Empezarán a ser vacinados a partir do domingo, con dúbidas de se haberá suministro para todos. // Hoxe repuntan lixeiramente os novos contaxios, 130 máis, aínda que os casos activos seguen á baixa. A Pobra do Caramiñal volverá a máximas restriccións a partir do sábado, xunto co concello de Mos, onde 5.000 veciños están citados a un cribado. // O túnel do Cereixal na autovía A-6 é o primeiro en España que experimenta a tecnoloxía 5G para axudar á condución dos vehículos. Este treito presentado hoxe, pode avisar aos conductores da presenza de peóns, fume ou vehículos en dirección contraria. // Ela, con traxe rexional e él vestido coma o pirata Jack Sparow. A voda de Berto e María, que quedara frustrada en abril por problemas pola sua vestimenta, puido ter hoxe, por fin, remate feliz nos xulgados de Vigo. 26-05-2021