Volven as parcelas delimitadas para garantir a distancia de seguridade nas praias. Vigo é o primeiro concello en presentar o dispositivo de sinalización, que se implantará durante os meses de xullo e agosto en caso de que para entón se establezan restricións de cabida. // A situación epidemiolóxica continúa a mellorar, Os novos contaxios baixan de cen, por primeira vez dende principios de marzo. A incidencia acumulada é de 80 casos por 100.000 habitantes. // Arranca a tramitación, no Parlamento, da lei para crear a primeira universidade privada de Galicia, A Intercontinental da Empresa, promovida por Abanca. Socialistas e BNG votan en contra por considerar que a sua oferta duplica a das universidades públicas. // Nun edificio abandonado e sen acceso do público. Así e como se atopa o Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, tal como denuncian os membros da Fundación Rosalía de Castro. 25-05-2021