Ampliar o número de non conviventes que se poden xuntar, que agora é de seis no exterior e catro dentro das vivendas. É a medida que estuda a Xunta, ante a mellora da situación epidemiolóxica. Os menores de 60 que recibiron AstraZeneca serán consultados sobre qué vacina queren, antes da cita para poñer a segunda dose. //Hoxe ponse en valor a importancia de saber cómo reaccionar ante as urxencias médicas. En Galicia prodúcense 23 paradas cardiorrespiratorias por cada cen mil habiantes e a taxa de supervivencia é do 13,5%. // A Xunta inicia os trámites para declarar a Casa Cornide, Ben de Interese Cultural, polo que tanto o edificio como o seu contido, pasan a estar baixo tutela provisional da administración autonómica. O inmoble foi posto á venda polos herdeiros de Franco. // Os propietarios elevan a máis de medio millón de euros as perdas polo incendio declarado nunha empresa de xamóns e chourizos en Vilalba. Co lume xa extinguido, investigan agora as causas. 25-05-2021