Mais alumnos por aula, menor distancia entre eles e alivio dos grupos burbulla. Así será o protocolo sanitario para o próximo curso nos centros de ensino. As AMPAS galegas reclaman máis información. // O comité de expertos que asesora á Xunta estuda esta tarde a situación epidemiolóxica para fixar as normas sanitarias dos próximos días, unha vez remate o aval do Tribunal Superior de Xustiza para as que están en vigor. // Co Xacobeo ampliado como principal reclamo e o reto de superar os cinco millóns de visitantes, o sector turístico presenta en Fitur unha oferta variada para convertir este verán nun punto de inflexión, e recuperarse tras un ano de crise. // Ademais de empresaria pioneira, foi a primeira investigadora de España no campo da Xenética. Jimena Fernández de la Vega, é recoñecida como Científica do Ano pola Real Academia de Ciencias. No seu 37 cabodano, lembramos a sua contribución a un dos eidos máis avanzados da medicina. 20-05-2021