As praias convértense no destino máis cotizado, no inicio da fin de semana, que se presenta coas mellores previsións no que levamos de verán. As autoridades chaman á prudencia ante a celebración de festas en Toda Galicia. //.A Xunta presentou esta mañá ante o Tribunal Superior de Xustiza a petición de que avale o certificado Covid para acceder á hostalaría. A resolución do Tribunal, que o declara non vixente, divive ao sector. // Os casos activos mantéñense á baixa en tódalas áreas sanitarias, anque Repuntan os novos contaxios e tamén os pacientes ingresados, con catro máis nas UCI, e notifícanse catro falecementos. // Non Camiñas Soa. E o lema da Campaña da Garda Civil e a Policía nacional para reforzar a seguridades das mulleres que fan os Camiños de Santiago. A iniciativa difunde códigos QR para poñerse en contacto cos puntos máis cercanos de atención ás peregrinas. 13-08-2021