Os locais de hostalaría estudan os requisitos para volver utilizar a barra e ampliar a cabida. O novo protocolo para o sector, que entra en vigor hoxe, divide aos establecementos en dous tipos de restricións, sen depender da situación sanitaria dos concellos. // O Tribunal Supremo declara válida a esixencia do pasaporte Covid para acceder a bares, restaurantes e cafeterías. Unha norma que a Xunta quixo implantar para os concellos con maior incidencia e que fora rexeitada polo tribunar Superior de Xustiza de Galicia. // A ratio de alumnos por aula volve a previa antes da pandemia, na apertura do curso en Eso Bacharelato e Formación Profesional. Non haberá extraescolares e máscara segue a ser obrigatoria. // A Partir de mañá volverá ser posible concertar citas presenciais na Atención Primaria. O Sergas fixa como obxetivo chegar a un 60 por cento de atención en persoa para os centros de saúde. 15-09-2021