Mozos de Pontevedra chamados a un cribado en busca de positivos, tras rexistrarse un gromo entre asistentes a unha celebración de fin de curso. Os novos contaxios volven superar os cen nun día, cun maior incremento na área sanitaria da Coruña. // O Grupo Cortizo, lider na producción de perfís de PVC anuncia un crecemento do 60 por cento no que vai de ano e inaugura unha nova planta en Padrón cun investimento de 51 millóns de euros. // Colas para conseguir entrada na reapertura do Museo da Catedral de Santigo, pechado dende novembro. Volven a ser accesibles as obras do Mestre Mateo, a cripta restaurada e as visitas ás cubertas do templo. // Unha colección inspirada, según os seus creadores, no Sexo. É a proposta presentada pola firma de Adolfo Domínguez para a temporada de primavera verán. Prendas de xastrería con entalles e ombreiras oitenteiras, e outras baseadas na comodidade. 24-06-2021