A folga dos traballadores de  Renfe afecta hoxe en Galicia a un total de 36 trens e mañá vai impedir a saída doutros tantos, tanto de longo percorrido coma de media distancia. Aos afectados, a empresa devólvelles os cartos ou ofrécelles transporte alternativo  Unha concentración en Santiago amosou a repulsa pola morte de Sara Pereira, a muller de 82 anos  á que o seu marido, de 79, lle causou a morte a golpes e afogándoa, na localidade pontevedresa de Pazos de Borbén.  O expresidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, foi condenado a 9 anos de inhabilitación para cargo ou emprego público por un delito de prevaricación por ter contratado, de xeito irregular a 104 persoas, no ano 2010. (31/07/14)