José Luis Méndez Romeu deixa o seu cargo de portavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego. Unha renuncia, di, para non crear distorsións na mensaxe do partido e Recoñeceu que mantén puntos de vista distintos aos defendidos por Fernández Leiceaga, o candidato triunfador nas recentes primarias para elexir candidato á Xunta // As vítimas do accidente de tren de Santiago entregaron hoxe 270 mil sinaturas á Comisión Europea para pedirlle que faga público o informe sobre o sinistro, elaborado pola Axencia Europea de Seguridade Ferroviaria // O Tribunal Supremo revoca a custodia compartida a un pai por "falta total de respeto", e comportamento abusivo e dominante respeto á súa exparella. O Alto Tribunal desaconsella este rexime de custodia porque a actitude do proxenitor, impide,di, a colaboración necesaria entre os pais para que o neno teña unha convivencia pacífica e estable emocionalmente. 31/05/16