Son 21 os detidos na operación contra o tráfico de cocaína levada a cabo nas últimas horas e que aínda está en marcha. 16 das detencións practicáronse en Galicia en distintas localidades da costa de Pontevedra e tamén en Ourense. Iniciouse tras interceptar no Atlántico, á altura de Cabo Verde, a un pesqueiro que traía 3.400 quilos de cocaína // Combater a evasión fiscal e redistribuir a carga tributaria son as propostas que defende a UGT no congreso que se iniciou hoxe para elexir o seu secretario xeral en Galicia. Un congreso que contou con invitados como o presidente da Xunta // Ambiente de finais entre as afeccións de Dépor e Celta. Mañá sábado a ledicia da permanencia e o drama do descenso daranse cita a partes iguais en Riazor e Balaídos. 31/05/13