Polémica polo copagamento nos servizos sociais da Xunta e os concellos. // Galicia convértese por segundo ano consecutivo na comunidade española con máis establecementos turísticos de calidade. // Este 2012 vai ser o Ano Galego do Alzheimer. Unhas 50.000 persoas padecen esta enfermidade dexenerativa en Galicia, pero só algo máis da metade están diagnosticadas. // Uns 200 taxistas de Vigo piden, circulando a marcha lenta pola cidade, que o Concello lles reduza a xornada de servizo de 24 a 16 horas. // Polémica en Cambados e en internet, pola iniciativa dunha asociación de comerciantes da vila de convocar un concurso de piropos. 31/01/12