Os sectores máis castigados polas restriccións, reclaman máis axuda e algún alivio para as suas actividades. A Xunta presentou hoxe o seu proxecto para a reapertura, nun prazo ainda se concretar, mentres estuda cambiar esta semana as medidas que rexen nas cidades, sen descartar o peche perimetral de toda Galicia para a ponte da Constitución. // A Xunta amplía en mil cincocentas prazas a oferta pública de emprego en educación. Súmanse ás 3.600 prazas xa convocadas polo que en total suman mais de cinco mil prazas para os anos 2021 e 2022. // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso de Alcoa contra a medida cautelar que prohibe parar as cubas de electrólise. 30/11/20