Chegan ao xulgado Rosario Porto e Alfonso Basterra, acusados do asasinato da súa filla Asunta // O presidente da Xunta di que non vai importar a Galicia experimentos independentistas nin a confrontacion que vive Cataluña. O BNG acúsao de ser correa de transmisión do goberno central // Os pais dunha nena de 12 anos, cunha enfermidade irreversible, hospitalizada en Santiago, piden que non se lle prolongue a vida artificialmente. O servizo médico que a atende defende prolongarlla // Unha testemuña protexida identifica a 6 presuntos autores da morte do siareiro do Dépor Jimmy, que morrera en enfrontamentos cos afeccionados do Atlético de Madrid // Pemex  vai construir en Vigo un buque flotel, xemelgo do que acaba de botar no estaleiro Barreras // Os nenos galegos gústalles o leite e os seus derivados, aínda que catro de cada dez consumen menos do recomendado. 30/09/15