Nesta maleta precintada e custodiada pola policía van as caixas negras do tren accidentado o mércores. Durante o día de hoxe estase analizando a información que conteñen, e que vai aclarar as circunstancias nas que ocorreu o sinistro // A investigación xudicial deberá determinar tamén a quen corresponde a responsabilidade civil para facer fronte ás indemnizacións correspondentes ós familiares das víctimas mortais e ós feridos. Unhas indemnizacións de máis de 60 mil euros por persoa, tento só en conta a póliza de seguros que se adquire co billete // O Parlamento Galego, a Xunta e outras institucións organizarán un acto cívico de homenaxe ás vítimas. A deputación Permanente da Cámara mantivo hoxe unha reunión con ese fin. O acto terá lugar mañá, ás sete da tarde en San Domingos de Bonaval, en Santiago. 30/07/13