Baixan os casos activos de coronavirus en Galicia e tamén se produce unha drástica caída de pacientes hospitalizados e nas UCI. Hoxe houbo catro mortes, pero a de onte foi a primeira xornada sen vítimas desde o inicio da crise hai mes e medio // A posibilidade de restrinxir a mobilidade entre provincias crea incerteza nos Peares, entre Ourense e Lugo. Ou en Pontecesures e Padrón, onde os veciños cruzan de provincia para tarefas cotiás // Case a metade dos falecidos con coronavirus en Galicia vivía nunha residencia de maiores. A Fiscalía mantén activas cinco das doce dilixencias penais rexistradas contra estes centros en Galicia. 30/04/20