Reactivada a protesta dos traballadores de Alcoa, ante o inicio do xuizo sobre a legalidade do ERE presentado pola empresa para eliminar máis de 500 empregos.// Loito e consternación en Gondomar polo asasinato dunha veciña acoitelada polo seu marido. Soledad Rey, de 59 anos, con dous fillos, sofrira xa outras agresións, ainda que non as chegara a denunciar. //Os datos da Covid-19 en Galicia seguen, un día máis, á baixa, cun total de 7.419 casos activos, tras notificarse 350 novos positivos. Descende tamén o número de pacientes hospitalizados, 414, con 65 nas UCi. 03-12-2020