Aumenta a protesta dos traballadores de Vestas, en Viveiro. Cortan o tráfico con barricadas, contra o ERE co que a empresa quere pechar a planta de producción de compoñentes eólicos, e despedir a 115 empregados. // os datos do paro recollen un aumento de case mil desempregados máis en Galicia durante o mes de outubro. No conxunto de España, en cambio, o paro baixa, por primeira vez nese mes dende que hai rexistros. // O goberno central anuncia a transferencia de 67 millóns de euros á Xunta para a rehabilitación de 3.000 vivendas con cargo ao plan de Recuperación e Resilencia. Prevé tamén outros 30 millóns para destinar ao alugueiro social. // Espectación na Coruña ante a nova eliminatoria do equipo xuvenil do Depor na UEFA Youth Leage. Con máis de 18.000 entradas vendidas, Riazor, a piques de batir o record de asistencia nun partido desta categoría en toda Europa. (03/11/2021)