Máis de 6 mil galegos sofren cada ano un accidente cerebrovascular. Un tipo de doenza que é a primeira causa de morte entre as mulleres e a segunda entre os homes. Hoxe, se celebra o día mundial adicado a ela, destácase tamén que, deses afectados, 1.500 morren e mais de 3 mil quedan con algún tipo de secuela // O Presidente da Xunta destacou que foi o Goberno Galego quen denunciou a suposta fraude de subvencións en cursos de formacion, da operación zeta, e di que o seu executivo se vai persoar na causa. Díxoo en resposta aos grupos da oposición, que acusaron ao goberno de permitir un financiamento irregular do PP a través dun grupo de empresarios // 400 expertos en seguridade informática, denominados hackers, reúnense dende hoxe na Coruña en busca de fórmulas para aumentar a fiabilidade da navegación na rede. Avisan sobre a precaución que se debe ter para evitar ataques informáticos, un asunto que preocupa dende aos particulares ata ás principais empresas e a gobernos de todo o mundo.