Posto a disposición xudicial na Coruña o novo detido en relación coa malleira que costou a vida a Samuel Luiz. É amigo dos outros acusados do crime, dos que tres permanecen en prisión, unha moza está en libertade con medidas cautelares e dous son menores. A Policía entregou tamén no xulgado nova documentación sobre o envorcado dos teléfonos móviles. // Os casos activos seguen marcando mínimos dende hai un ano, hoxe baixan a 1.096, logo de contabilizarse 40 novos contaxios nas últimas horas. // Mobilización en varios centros educativos da Coruña de pais, nais e alumnos, para demandar que se cubran as prazas docentes e así poder dar unha correcta atención ó alumnado, principalmente aqueles con necesidades especiais. // En Vigo celébrase estes días o Galicia Freeky festival especializado en cinema fantástico, de terror e serie B. Unha cita coa produción máis esperpéntica da industria cinematográfica. 29-09-2021