Pouco a pouco vai recuperando a normalidade a zona onde se produciu a traxico acidente de tren o pasado mercores. Esta mañá comezaron a circular os primeiros convois pola via do AVE, a via 2. A outra, a mais proxima ao talude pola que circulaba o tren Alvia sinistrado, segue pechada e prevese que se abra ao trafico mañá sabado. O numero de mortos no acidente é de 78 persoas. Deles, 6 corpos seguen sen identificar . Son os ultimos datos ofrecidos hai pouco mais de unha hora pola policia cientifica, que destaca a complexidade dos traballos de identificacion. Os familiares da vitimas viven con maxima angustia as horas de espera no edifico CERSIA do concello de santiago, situado no barrio de san lazaro. Hai 81 persoas hospitalizadas , das que 31 o estan en estado critico. Destas, 3 estan ingresadas nas unidades de coidados intensivos de pediatria. Son os datos ofrecidos hai unha hora pola conslleria de sanidade. (29/07/13)