O Presidente da Xunta asegurou hoxe no Parlamento que a factoría de ENCE só seguirá en Galicia se permanece na súa actual ubicación, descartando o seu traslado a outro punto da comarca pontevedresa. Foi nunha resposta ao portavoz do BNG, Francisco Jorquera // Os estudantes de medicina poderán facer prácticas a partir do próximo curso nos hospitais da Coruña e Vigo. Será grazas o convenio asinado esta mañá entre as tres universidades galegas a as consellerías de sanidade e educación // O Deportivo tratará esta noite de sumar puntos fronte ao Elche para sair dos postos de descenso. Mentres o Celta mira á parte alta da táboa, e recibe en Balaídos ao Málaga pelexando por unha praza que dea opcións a disputar competicións europeas o próximo ano. 29/04/15