Primeira visita como Rei de Felipe VI a Ferrol. Na escola Antonio de Escaño reuniuse cos responsables de formación da Armada. Tras este encontro Felipe VI trasladouse á escola de especialidades da Estación Naval da Graña onde participou nunha recepción oficial // O Presidente do Goberno en funcións e do PP, Mariano Rajoy, dixo, nunha entrevista radiofónica, que confía en que Núñez Feijóo tome unha boa decisión, sobre o seu futuro político, tanto para el coma para o Partido Popular // O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya deixará de competir este ano coa licencia da federación galega. Unha decisión que analizará esta tarde a xunta directiva da federación autonómica. 29/03/16