O Grove e a Pobra do Caramiñal saen do nivel máximo a partir do venres, mentres Vigo queda no nivel medio. O Comité Clínico amplía de dous a sete días o período no que se consideran contactos estreitos en caso de contaxio. O conselleiro de Sanidade amosa preocupación por qué vai pasar cando se levante o estado de alarma, pero di que, pese ao leve aumento dos casos, a pandemia en Galicia segue a estar baixo control. // As residencias de maiores de Galicia son as que sofriron un menor impacto da pandemia de toda a península. Así o asegurou no Parlamento, onde rexeitou a proposta do BNG de que todos eses centros pasen a ser de xestión pública. // 3.600 axentes dedicaranse este verán a vixiar o Camiño de Santiago. Anunciouno o secretario de Estado de Seguridade, que mantivo unha xuntanza cos responsables en Galicia da Policía Nacional e a Garda Civil. 28-04-2021