As reservas de aloxamentos turísticos dispáranse de cara á temporada de verán nas zonas de costa e nas aforas das cidades. Máis de 10.000 establecementos figuran no rexistro oficial da Xunta. Os situados en lugares pouco masificados e con espazo para familias, os preferidos pola demanda. //Numerosos cidadáns súmanse ao recordo das vítimas da Covid-19, con minutos de silencio diante de centros de traballo e institucións. As bandeiras locen a media asta no primeiro dos dez días de loito oficial decretado polo goberno para toda España.// O uso de máscara será obrigatorio no interior dos locais de votación nas eleccións autonómicas do 12 de xullo. O protocolo de medidas sanitarias elaborado pola Xunta contempla tamén que se promocione o voto por correo e que os maiores de 65 anos e persoas vulnerables queden excluidos de formar parte das mesas electorais. 27/05/20