O BNG califica o proceso negociador para a formación de goberno de teatro, AGE acusa a PP e PSOE da falta de acordo, os socialistas insisten en liderar a esquerda. E O Partido Popular di que mantivo sempre a mesma postura, en defensa dunha gran coalición dos maioritarios // Prisión comunicada e sen fianza para o home de 31 anos acusado do asasinato da camareira dun bar do barrio das Telleiras en Ferrol que aparecera acoitelada no interior do local na madrugada do pasado luns // Camareira con bo peito e mínima experiencia. Eran dous dos requisitos dunha oferta de emprego para un pub de Sanxenxo. O concello desta vila pontevedresa e tres afectadas denunciárono ante a garda civil. 27/04/16