Unha Semana Santa pasada por auga. É o que nos están a deixar estas choivas, dun mes de marzo que remata, igual que empezou. Unhas insistentes precipitacións que afectan á ocupación hoteleira. Para as próximas horas está anunciado un novo empeoramento, que se vai notar máis, mañá pola tarde//O presidente da Xunta defende a nova norma, de pagamento nos comedores escolares, en funcion da renda, que califica de SOCIALDEMÓCRATA. Dixoo Alberto Nuñez Feijoo en resposta ó socialista Pachi Vazquez, que amenazou con levar a norma ó Tribunal Constitucional.//A bonoloto deixa un premio de 3 millóns de euros en Melide. Segundo se conta na vila coruñesa, o agraciado é un peregrino de Córdoba que estaba facendo, o camiño de Santiago. (27/03/13)