43 mil galegos que cobran pensións non contributivas recibirán unha paga extraordinaria de 206 euros coma complemento. Recibirán nos primeiros días de xaneiro // 5.500 fogares desaparecerán en Galicia na próxima década. Cada ano a partir de 2020 perderanse uns mil fogares // Os trens de media distancia estanse a ver afectados pola folga convocada en Renfe e que remata ás 11 da próxima noite // As urxencias do hospital do Meixoeiro de Vigo están ateigadas estes días, con pacientes nos corredores // Coincidencia na rúa sobre o primeiro discurso de Nadal de Felipe VI. A maioría di que foi unha alocución pegada á actualidade // No Nadal é cando mellor se pagan as famosas ameixas de Carril. Trinta mariscadoras volven faenar na praia da Concha, pechada nos últimos tres meses para recupela das riadas do inverno pasado. 26/12/14