Ata dez persoas non convinventes poderán xuntarse no exterior e ata seis no interior, a partir do sábado. É a nova normativa aprobada pola Xunta. Amplíase tamén do 50 ao 75 por cento a cabida permitida en comercios, actividades culturais ou congresos. Na hostalaría mantéñense as normas vixentes e segue a prohibición de xuntarse entre a unha e as seis da madrugada. // Os traballadores do BBVA están hoxe de folga. Manifestáronse polo centro da Coruña para protestaren polo ERE que anunciou o banco. Propoñen, para que non se produzan despedimentos, a prexubilación dos maiores de 58 anos, que en Galicia serían 128 empregados. A dirección da empresa plantexaba botar á rúa 122 persoas // Xa é posible facer o Camiño de Santiago selando a credencial de forma dixital a través dunha aplicación móbil que presentou hoxe a catedral de Santiago. A credencial dixital non fará desaparecer a tradicional en formato papel, xa que ambas convivirán, pero busca proporcionar ao peregrino un Camiño máis seguro