Día internacional contra a violencia de xénero.En Vigo 2 mil estudantes formaron este tapiz humano contra esta lacra social. Mensaxes para os máis novos neste día para que aprendan a rexeitar as condutas machistas que poden acabar en violencia contras as mulleres. Unha violencia que xa sofren moitas menores a través da rede // Galicia perde cada ano 8 mil habitantes, segundo un estudo presentado hoxe // O Presidente da Xunta pide ter en conta o problema demográfico á hora de investir os 80 mil millóns de euros que Europa destinará a investigación científica, nos próximos anos // O presidente da Deputación de Lugo compareceu voluntariamente no pleno do organismo provincial para dar explicacións sobre o rexistro xudicial de 11 horas dentro da deputacion dirixido pola xuíza Pilar de Lara. Jose Ramón Gomez Besteiro subliñou a colaboración prestada polos funcionarios dos departamentos investigados. 25/11/14