A Xunta reforzará a vixilancia dos tres vertedoiros (A Laracha, Fene e As Somozas) con 35 mil toneladas de neumáticos usados, que comezarán a eliminarse en 4 meses // En debate parlamentario, Méndez Romeu (PsdeG-Psoe) vese como o próximo presidente da Xunta. Núñez Feijóo dille que o PSdeG está nunha carreira de autodestrucción // Dimiten 8 membros da dirección do partido de Ciudadanos na Coruña e Ames, en protesta pola substitución do anterior candidato e deputado da formación // En 2015, 82 mulleres e 78 menores precisaron instalarse temporalmente nalgunha casa ou piso da rede de acollemento de Galicia // Suspendido o rescate do cadáver do barranquista portugués en Lobios, á espera de que esta tarde fagan diminuir o caudal da fervenza con bombas de achique // As bibliotecas universitarias están ateigadas con estudantes preparando os exames. 25/05/16