Manifestacións nas principais cidades, cadrando coa folga no ensino contra os recortes e a reforma educativa. Os convocantes cifran entre un 80 e un 90% o seguemento na nosa comunidade. A Consellería de Educación rebáixao ata o 26%, no caso do profesorado // O paro diminuiu en Galicia en 11mil persoas, no 3º trimestre do ano e a cifra de desempregados sitúase agora algo por riba dos 277 mil. Son datos ofrecidos pola Enquisa de poboación activa que tamén son positivos en toda España onde o paro baixou o 1,2% // Unha única tarxeta incluirá o historial dos servizos sociais, coma residencias de maiores ou de dependencia, e os sanitarios. Unha reforma á que a Xunta destinará 8 millóns // Descubertos copiando nun examen con auriculares. A policía autonómica localizou a catro apuntadores que dende varios coches daban as respostas a doce aspirantes ao título de xestor de transportes de mercadorías e viaxeiros da Xunta. Unha fraude pola que pagaron ata cinco mil euros. 24/10/13