Equipos de protección civil de toda a comarca do Barbanza continuaron esta mañá o rastrexo do entorno da casa onde pasa as vacacións coa súa familia a moza madrileña de 18 anos da que non se sabe nada dende a madrugada do domingo ao luns. A Garda Civil investiga o sucedido, polo momento, sen resultados // Hoxe empeza a funcionar, no Hospital Lucus Augusti, de Lugo o novo servizo de Medicina Nuclear que permite detectar actividades moleculares dentro do corpo e diagnosticar enfermidades cando se atopan en etapas iniciais // A quinta etapa da Volta a España chega hoxe a Lugo nun percorrido propicio para os homes rápidos do pelotón. O pelotón saiu de Viveiro co colombiano Atapuma e lider, seguido na xeral por Valverde. 24/08/16