Os expresidentes de Asturias, Javier Fernández, e de Castela e León, Juan Vicente Herrera, reciben as medallas de ouro de Galicia // Vítimas e familiares dos falecidos no accidente do Alvia hai seis anos volveron manifestarse en Compostela reclamando unha investigación independente // A Garda Civil descobre nunha nave industral das Somozas, na Coruña, a maior plantación de marihuana comisada en Galicia // Prisión provisional para un cura salesiano de Vigo por abusos a menores nun campamento // Hai que marchar de vacacións pero tamén volver. Stop Accidentes pon en marcha unha campaña sobre a seguridade ao volante // Remata hoxe o curso de verán de idioma galego para estranxeiros, que organiza a Universidade de Santiago. 24/07/19