O número de parados baixou en Galicia en 22.400, no segundo trimestre deste ano, o que supón un descenso do 8,43%. Son 3 puntos mais que na media española // A Xunta incrementa en 5 millóns e medio de euros o fondo da Risga, totalizando 55 millóns. E no campo do emprego, autorizou que as axencias de colocación colaboren co servizo de  emprego da Xunta, e cobren en función das persoas paradas ás que lles encontren traballo // Na véspera do segundo aniversario do accidente do tren alvia, en Angrois, no que morreron 80 persoas, os familiares das vítimas e dos feridos lembran o sucedido. Rogelio e Gloria son dous madrileños que perderon o seu fillo é a noiva deste; e están en Santiago para recordalos e esixir responsabilidades polo accidente. 23/07/15