Satisfación da hostalaría ante o paso cara a normalide que significa o remate da emerxencia santiaria. A medida vai supor desde esta medianoite Ocupación dos locais ao cen por cento, barras incluídas, horarios ampliados e fin das restricións en comercios, ximnasios e outras actividades. O Tribunal Superior de Xustiza autoriza esixir o certificado covid en tódolos locais de lecer nocturno. // O acordo sobre cómo debe ser o novo sistema de financiamento autonómico centrou a xuntanza en Sevilla entre os presidentes da Xunta de Galicia e de Andalucía. Núñez Feijóo e Juanma Morero coiciden en que a negociación do novo modelo non pode ser bilateral, e debe contemplar o custe real dos servizos que prestan as comunidades autónomas, como a sanidade, a educación e atención aos maiores. // Lucas Yáñez, patinador de Oleiros de 17 anos, acaba de proclamarse campión do mundo en categoría junior. Consegue a medalla de ouro, logo de meses no que non puido adestrar con normalidade. Agora ten como obxet