Os espectáculos e eventos culturais amplían a cabida de público ata o 75 por cento, a partir do sábado. Tamén poderá haber concertos ao aire libre con público de pé, cun tope de 5.000 persoas.. // Segue o descenso dos casos activos, hoxe son 1.819, nunha xornada na que se contabilizaron 84 novos contaxios. Os pacientes ingresados, son un total de 79, dos que 23 están nas UCI. // Máis de 150 especialistas procedentes de 50 universidades de todo o mundo, danse cita dende hoxe na Coruña, no Congreso Internacional sobre Emilia Pardo Bazán. Queren revalorizar a figura dunha escritora máis lida e estudada, din, fóra de España ca no noso país.. // Promocionar o Ano Xacobeo e protexer aos peregrinos nas diferentes rutas a Santiago...Ese é o fin da campaña "Protexemos os camiños" que ten en marcha a Dirección Xeral da Policía. Nela, Axentes da comisaría de Pontevedra acompañan a persoas vulnerables.. 22-09-2021