Chega a Vigo o mellor triatleta de todos os tempos, Javier Gómez Noya, coa medalla do seu quinto campionato mundial de triatlón // Ao cumprírense dous anos da aparición do cadáver da pequena Asunta Basterra, a súa nai publica nos xornais esquelas para lembrala // Un colectivo feminista reclama que o Consello Xeral do Poder Xudicial investigue se a xuíza do caso da morte de Isabel Fuentes actuou con neglixencia ao non protexela da súa parella // A fiscalía pide imputar a medio cento de políticos, funcionarios e empresarios na Operacón Patos, sobre supostas irregularidades en contratacións públicas en varios concellos e a recepción de agasallos // O alcalde da Coruña insta ao presidente da Xunta a non usar a institución como arma de partido. Responde ás acusacións de Núñez Feijóo de que os gobernos das mareas fan políticas de xestos. O alcalde de Santiago di non sentirse aludido // O Celta recibe mañá ao Barcelona. O Deportivo viaxa a Sevilla para enfrontarse o xoves ao Betis // Reeditad